Alt

06 Mero / Neira Pampín

06 de Xuño de 2024        

 

O xoves 6 de xuño celebrouse na sede da UNED en Lugo derradeira sesión de LUGOPOÉTICA 2024, acción promovida por Egeria co apoio da Universidade Nacional de Educación a Distancia - Delegación de Lugo e a Xunta de Galicia. Coa coordinación de Xulio Xiz, leron e comentaron os seus poemas os creadores Baldomero Iglesias Dobarrio e Francisco Javier Neira Pampín. O acto comezou con palabras de Ana Traseira, Directora en Lugo da UNED.

BALDOMERO IGLESIAS DOBARRIO, MERO (Vilalba, 1951). Profesor, cantante e escritor. Membro fundador de Fuxan os Ventos e A Quenlla, ten recollido canción tradicional por toda Galicia, e composto música como a de ‘O Carro’,que dan máis vida a poemas fundamentais. Galardoado co Pedrón de Ouro ou Facer País, o seu labor poético está recollido en libros esenciais, e tenlle deparado numerosos premios.
 
FRANCISCO JAVIER NEIRA PAMPÍN (Santiago, 1953). Licenciado en Medicina e Cirurxía e especialista en Uroloxía. Na actualidade, traballa en Polusa (Lugo). É membro da Sociedade Galega e Española de Uroloxía. Cultiva a pintura, a música e a escrita. Ten publicadas cinco novelas e dous libros de poemas: un en solitario -’Vaite baixo’- e outro con Xosé Carlos Ulloa, ‘Nuevo amanecer’.

O encontro poético entre a veterano creador e o poeta que xorde con forza coa súa obra, de case dúas horas de duración, permitiu coñecer anacos importantes da obra dos dous escritores, mutuos comentarios sobre o labor poético de ambos, e reflexións sobre a poesía, o proceso creativo ou o panorama poético galego, que serán a base -xunto cos contidos do resto das sesións- dunha publicación que recolla esta primeira experiencia de expresión poética interxeneracional.

VÍDEO

 

FOTOS